O asfaltado de Rosalía de Castro acumula un retraso dunha semana

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/asfalto_rosalia_castro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/08/asfalto_rosalia_castro.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> Novo retraso no asfaltado da rúa Rosalía de Castro, en Vilagarcía. Segundo a empresa, a obra non estará rematada ata, cando menos, este martes; un aprazamento que se ven sumar aos que xa se fixeron a estes traballos. De feito, a previsión inicial apuntaban a que a pavimentación da avenida se faría en dous días: luns e martes da pasada semana.

    O novo retraso no asfaltado da avenida Rosalía de Castro fai que a obra non estea rematada ata, cando menos, unha semana máis tarde do previsto. As previsións coas que arrancaron os traballos apuntaban a que todo estaría listo entre luns e martes da semana pasada; pero despois de dous retrasos sucesivos, os cálculos xa sitúan en mañá a fin da intervención.

    O ruído e os cortes de tráfico son, sobre todo, o que máis molesta aos veciños do entorno. Así as cousas, a maioría son comprensivos ante esta problemática.

    Hoxe os traballos consistiron no asfaltado do carril dirección Vilagarcía. Mañá, continuarán con este labor en sentido inverso. Iso si, as chuvias poderían provocar novos atrasos nas obras, que se teñen que realizar co firme completamente seco. Para que Rosalía de Castro volva contar con pasos de peóns, haberá que agardar outros 15 días, á espera de que o material compacte axeitadamente.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí