Un vehículo percorre varios quilómetros da autovía do Barbanza en sentido contrario

    BARBANZA> Unha condutora circulando en sentido contrario fixo saltar as alarmas na autovía do Barbanza. Ó parecer o vehículo accedeu polo desvío de saída en Espiñeira, Boiro, e percorreu varios quilómetros ata a primeira saída da Pobra. A pesar de que o vehículo circulou no sentido oposto durante varios quilómetros non houbo que lamentar accidentes nin danos persoais, aínda que si algún que outro susto. Foron moitos os condutores que alertaron ós servizos de emerxencias ó cruzarse co turismo, conducido por unha muller de avanzada idade. O rexistro cada vez máis frecuente de episodios similares nos últimos meses obrigou á Xunta a iniciar un proxecto para reforzar a seguridade nesta autovía. Colocaranse paneis máis grandes en tódolos accesos para evitar entradas erróneas e reforzarase a sinalización horizontal con frechas indicando o sentido en cada carril. Con esta actuación preténdese reducir o goteo de condutores circulando en dirección contraria evitando tráxicos accidente como o que o pasado setembro cobrouse dúas vítimas mortais.