O Plan do Litoral afectará ó desenvolvemento dos plans parciais de Boiro

    planlitoralboiro_100310.jpgBOIRO> Os representantes do concello mantiveron un encontro co director xeral de Sostibilidade para coñecer o alcance do Plan de Ordenación do Litoral.

    {flowplayer}barbanza/planlitoralboiro.flv{/flowplayer}

    No transcurso da xuntanza, os representantes do goberno local interesáronse pola aplicación deste plan nun municipio eminentemente costeiro como Boiro que conta con 37 quilómetros de litoral así como a as trabas que pode supoñer para o desenvolvemento dalgúns plans parciais.

    O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, explicoulles que a normativa non afectará a núcleos rurais nin a chan urbano consolidado, aínda que si ten efecto sobre o solo urbanizable.

    Dada a complexidade e o gran alcance desta normativa, a Consellería de Medio Ambiente ampliou un mes máis o periodo de consultas dos concellos afectados que rematará o 10 de maio, en lugar do 10 de abril como estaba previsto.

    Alegacións

    Neste tempo, o exeuctivo boirés elaborará xunto cos grupos da oposición as alegacións a presentar ó documento co fin de blindar a edificabilidade dalgúns plans parciais, como é o caso de Cabo de Cruz.

    Unha vez que o Plan de Ordenación do Litoral sexa aprobado inicialmente, someterase a exposición pública, e será entón cando os particulares poderán presentar as súas alegacións.

    Redacción Barbanza