Espiñeira: un polígono máis seguro e accesible

    BOIRO> O director xeral de Enerxía visitou o polígono de Espiñeira en Boiro para supervisar os traballos acometidos recentemente no parque empresarial. Xunta e concello investiron trescentos mil euros na instalación dun circuíto de videovixilancia e a mellora da acessibilidade. A seguridade era unha das principais demandas dos propietarios do polígono de Espiñeira que comezan a ver cumpridas as súas expectativas grazas á instalación dun circuíto de videocámaras que garanten a vixilancia no acceso a tódalas parcelas da primeira e segunda fase. A actuación contémplase coa mellora do alumeado en todo o recinto. Esta obra, xunto á aposta pola accesibilidade, iniciada na primeira fase supuxo un investimento de trescentos mil euros financiados pola Xunta nun oitenta por cento e o concello no vinte restante. A intención do executivo local é seguir coa ampliación dos servizos polo que solicitarán unha subvención para a conexión das dúas fases que suporán ademais unha notable mellora da seguridade viaria. Esta actuación precisaría dun investimento próximo ós cento vinte mil euros para os que se acollerán a unha nova liña de axudas promovida pola Xunta de Galicia.