BOIRO> Os boirenses impóñense en Barraña ó Racing Vilalvés por un contundente tres a cero.
Despois da semana convulsa vivida en Barraña nas últimas semanas coa renuncia do ata de agora adestrador, José Luís lemos, e a marcha de varios xogadores da plantilla, a tranquilidade parace que volve novamente ó club branco. A vitoria de onte por tres a cero ante o Racing Vilalvés, rival directo dos boirenses para meterse nos playoff de ascenso, parace que calmou os animos. Na grada tamén estivo presente o que será o novo adestrador do Club, Francisco Javier Falagán, que observou ós seus pupilos con todo detalle neste partido. Aínda así os tres tantos locais non chegarían ata a segunda metade. O primeiro deles en propia meta no minuto 52. Un balón centrado dende a banda por javo otero provocou unha indecisión na zaga luguesa que acabou metendo o balón dentro da súa portería. A alegría para os boirenses continuaría dous minutos máis tarde co tanto de Cano, que de fermosa vaselina, aumentaba a vantaxe para os locais. O terceiro tanto chegaría xa no 75, co partido xa roto en favor do Boiro. Nesta ocasión foi Hugo, que acababa de entrar no terreo de xogo, en substitución do brasileiro Igor, o que faría o tres a cero, resultado que xa non se movería. Con estes tres puntos o Boiro suma trinta e seis, ocupando a oitava praza da clasificación a tan só cinco puntos do Somozas que con 41 é o equipo que marca as posición de playoff de ascenso. Na próxima xornada, no inicio da segunda volta, o Boiro recibirá novamente en Barraña ó Bergantiños, que ocupa actualmente a segunda praza na clasificación con 44 puntos. Rival que onte domingo superaba ó Noia por tres goles a dous. A pesar de realizar un bo encontro e mesmo empatar a falta de pouco tempo para a conclusión, viron como os locais se facían cos tres puntos. Esta nova derrota sume os noieses no faroliño vermello da clasificación con tan só 11 puntos. Na próxima xornada recibirán en San Lázaro ó Ourense.