Educación executará obras en dúas aulas do IES de A Illa

    iesilla2copy.jpgPONTEVEDRA> Este foi un dos compromisos ós que esta mañá chegou o xefe territorial xunto á comunidade educativa de A Illa de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_EDUCACION_AILLA.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Educación executará de maneira inmediata o acondicionamento de dúas aulas máis no IES de A Illa de Arousa. Cando menos este é o compromiso que o xefe territorial acadou esta mañá nunha xuntanza coa comunidade educativa, o rexedor local e o voceiro do BNG. Un resultado que non satisfixo nin a pais nin a profesores.

    As obras consistirán, por unha banda, segundo informou o director do centro, no acondicionamento dun local para impartilo programa de cualificación profesional inicial e derrubarán dous tabiques para desenvolvelo programa de diversificación curricular para os alumnos de terceiro da ESO.

    Pero este é o único compromiso que adquiriron do xefe territorial. No tocante á solicitude de máis docentes, a Consellería estudará a posibilidade de concederlles medio profesor máis.

    No aire tamén quedou a petición da remodelación integral do centro. Neste senso, desde a Consellería comprometéronse, polo momento, a facer un estudo das necesidades reais do instituto. Por iso, satisfacción só a medias tanto por parte da comunidade educativa coma polo alcalde e o voceiro do BNG.

    Por último, na reunión tamén abordaron a necesidade de amplialo CEIP A Torre. Segundo informou Manuel Vázquez, desde a Consellería recoñeceron esa urxencia pero, polo momento, non hai unha partida orzamentaria destinada a esta obra.

    Redacción Salnés