O saneamento, unha prioridade en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O saneamento  é unha das prioridades do concello de Vilagarcía. Esta mañá, o alcalde trasladou as necesidades da vila nesta materia ao presidente de Augas de Galicia. Onte, o Diario Oficial de Galicia publicaba que o municipio recibirá 9 millóns de euros do ente autonómico para afrontar estes investimentos. Para a vila, o río de O Con continúa a ser unha prioridade.

     

    Vilagarcía recibirá 9 millóns de euros de Augas de Galicia para investir en saneamento. Esta mañá, alcalde e presidente do ente mantiveron un encontro para definir as prioridades dentro do período 2016-2021.

    solucionar os problemas de O Con continúa a ser unha prioridade para o concello. Augas de Galicia redactara un estudo do saneamento que agora terán que revisar.

    Para evitar as demoras nos trámites de Augas de Galicia, Varela comunicou a súa intención de avanzar xa nas obras de saneamento. No orzamento de 2016, o goberno consignou unha partida de ao redor de medio millón de euros para estas actuacións.

    No encontro tamén se abordaron os problemas que causa o paso dun río polo medio dunha garaxe de Vilagarcía. Augas de Galicia informou ao alcalde de que xa se comunicaron co promotor da obra para que execute as actuacións precisas. Polo de momento, o prazo para realizalas aínda está vixente.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/19/varela_augas_galicia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/19/varela_augas_galicia.mp4{/flowplayer}