Catro prazas máis para Bata

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/conselleiro_visita_bata.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/02/conselleiro_visita_bata.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O conselleiro de Política Social, Xosé manuel Rey varela, estivo este mércores nas instalacións da Asociación Bata, en Vilagarcía coa que a Xunta de Galicia mantén un concertó de prazas. O centro arousán está especializado no cuidado e atención de persoas con trastorno de espectro autista. 

Cores e máis cores… son só algúns dos adornos que recorren os pasillos do centro de día Abuela Esperanza, pertencente a asociación BATA… nel dedicase atención a persoas con trastorno do espectro autista.

O conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, visitou as suas instalacións e aprobeitou a sua presenza para anunciar unha importante aportación da Xunta de Galicia…

Esta visita visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a comunidade.

A Xunta de Galicia mantén un concerto de prazas coa entidade, na que investirá preto de 500.000 euros, o que supón un aumento de preto de 60.000 euros con respecto ao 2015 e que repercutirá de xeito directo nas persoas de Vilagarcía de Arousa e da comarca do Salnés que reciben atención a través de BATA.

A entidade, presidida por Fausto García, promove a inclusión sociolaboral dos usuarios das súas instalacións, o desenvolvemento de programas individualizados baseados en capacidades e a participación das familias como camiño para conseguir os obxectivos marcados.