A Garda Civil de Boiro investiga as causas dun incendio nun garaxe desocupado na rúa Dereitos Humáns

BOIRO> Unha chamada ó 112 alertou ós bombeiros do parque comarcal, que se encargaron de apagalo lume. Efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros afanábanse esta mañá no arrefriado e ventilación  da zona na que se rexistrara o incendio. Durante varias horas varias dotacións deste mesmo parque traballaron nos labores de extinción das chamas que se orixinaban ó redor das sete desta mañá. A Garda Civil de Boiro investiga agora as posibles causas da orixe deste incendio. Todo apunta a que foi intencionado, xa que o edificio en cuestión atópase deshabitado.