{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/licenza_xunta_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/30/licenza_xunta_megasa.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O centro comercial de Megasa está máis preto de ser unha realidade. A Xunta ven de conceder a licenza autonómica á grande área comercial xa que, aseguran, cumpre cos requisitos urbanísticos, medio ambientais e de accesibilidade. A promotora terá que realizar os seguintes trámites no concello, que segue a pensar na modificación puntual do PXOM como a única opción para paralizar a súa instalación.
A Xunta da luz verde ao centro comercial de Megasa. O proxecto dun Alcampo con máis de 2.500 metros cadrados de superficie xa ten licenza autonómica.
Dende a Xunta apuntan que o proxecto cumpre cos requisitos urbanísticos, medio ambientais e de accesibilidade. Tamén co informe favorable da Comisión Consultiva do Comité Executivo de Comercio Interior. E insisten: axústase ao que marca a norma.
Os seguintes trámites corresponden á administración local. Varela xa advertiu que o concello terá que conceder a licenza de obra cando a soliciten os promotores. A única vía para paralizar o proxecto sería a modificación puntual do PXOM que, ademais, ten que ter o visto bo da Xunta.
Tamén para Zona Aberta esta perfílase como a única opción para pór freo ao centro comercial, aínda que non descartan tomar outras medidas.
Louzán e Varela lamentáronse do tempo perdido para frear a instalación do Alcampo na finca das Carolinas. Algo que, segundo explicou o alcalde, podería terse conseguido de aprobar a revisión do PXOM. Nela, a parcela prevése para un uso residencial e non comercial.