Alarma polos roubos en Rubiáns

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/roubos_rubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/roubos_rubians.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Alarma no lugar de Rubiáns por mor dos roubos… que se produciron nos últimos días… os asaltantes entraron en diferentes vivendas, e tamén no colexio da zona sen importarlles a hora do día, ou si os veciños estaban dentro ou non… 

A  incerteza en Rubiáns nada ten que ver coa política, senón cos diferentes roubos que se produciron na parroquia nas últimas semanas. 

Na noite do xoves alguén entrou na casa de un veciño no lugar de Abelle e remexeu todo canto había mentres, o propietario durmía. 

Unha situación pola que o presidente da Asociación O Souto pide a colaboración dos veciños…

O veciño afectado de Abelle, queixouse o día seguinte dunha forte dor de cabeza. Un dato que sumado o resto, fai crer na tese da posibilidade de que os autores dos asaltos utilicen algún tipo de anestesia.

Por iso é importante a colaboración de todos os veciños, e que si ven algún movemento sospeitoso o denuncien a policía. 

Una situación, que ademais xuntase co da policía de Vilagarcía, que ten unha importante zona de control e poucos efectivos.

O colexio de Rubiáns foi tamén obxectivo dos ladróns. Uns ladróns que cortaron a electricidade do edificio e a alarma para levar a cabo o seu cometido.