Ravella buscará o apoio da Xunta na futura gardería de Vilaxoán

    VILAGARCÍA> Ravella buscará o apoio da Consellería de Política Social para manter a futura Escola Infantil de Vilaxoan. Así o asegurou esta mañá o alcalde de Vilagarcía. O concello construirá esta infraestrutura con parte dos fondos que reciba da Deputación de Pontevedra, que xa deu o visto bo ao proxecto. Por iso buscarán a implicación da Xunta para manter o seu día a día.

     

    Ravella xa traballa na futura Escola Infantil de Vilaxoan. Despois de que o proxecto recibira o visto bo da presidenta da Deputación de Pontevedra o pasado sábado, o concello apura os trámites para que o proxecto sexa unha realidade.

    A esta infraestrutura, o concello destinará máis de 700 mil euros do 1,4 millóns que reciben da Deputación de Pontevedra. A intención do alcalde é conseguir a implicación da Xunta para o seu mantemento.

    Pendente destes trámites, o goberno local xa comezou a redactar o proxecto.

    No encontro con Silva, o alcalde e a tenente de alcalde interesáronse polas liñas de subvención que a Deputación ofrece a colectivos e entidades sociais. Segundo Varela, non haberá recortes nestes fondos.

    O Plan Municipal de Emprego é outra das principais actuacións que Vilagarcía incluíu nos fondos do Plan Provincial de 2016. A esta iniciativa destinaranse 322 mil euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/varela_reunion_carmela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/varela_reunion_carmela.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí