![]()
VILAGARCÍA > A Xunta iniciou a promoción do Selo de Calidade do Comercio Galego na comarca do Salnés.
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, presentou onte en Vilagarcía o Selo de Calidade do Comercio Galego. A responsable autonómica resaltou os beneficios que aportará esta marca de calidade ó comercio minorista, unha idea que tamén compartiu a concelleira de Comercio de Vilagarcía, Rosa Abuín. A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, respaldou a instauración deste distintivo como un xeito de fomentar os valores diferenciadores dos detallistas.
Segundo indicaron, o Selo certificará que estes establecementos prestan un servicio de calidade, responsable socialmente e comprometido cuns consumidores cada vez máis esixentes. A iniciativa interesou a algúns comerciantes locais, a maioría pertencentes a Zona Aberta, aínda que a directiva da asociación informou que esperará a que outros socios soliciten o distintivo para adherirse.
Estas xornadas informativas percorrerán outras zonas do Salnés nos vindeiros días, da man do Foro Galego do Comercio. Mañá darase unha charla na Casa de Cultura do Grove, e xa no mes de maio celebraranse en Cambados o día 6 e en Sanxenxo o 15.
Redacción Salnés








