Malestar en Emgrobes coa xestión do turismo realizada polo concello do Grove

O GROVE> A asociación de empresarios do Grove Emgrobes denuncia a mala xestión turística que se fai dende o concello da vila. Os empresarios reclaman a figura dun técnico de turismo que libere de responsabilidades ao alcalde e que traballe directamente co sector. A última situación que molestou aos empresaros, foi a da creación dunha nova ordenanza de terrazas se contar coa a súa opinión.

As previsións de visitantes para este verán no Grove son moi altas. O que supón unhas boas expectativas de traballo para os negocios locais. Aínda así, dende a asociación de empresarios do Grove mostran o seu malestar coa xestión que o concello fai neste área. A última situación que molestou a Emgrobes foi a da creación dunha nova ordenanza de terrazas sen contar coa súa opinión.

Dende Emgrobes mostran o seu malestar por non ser consultados nin informados da creación desta ordenanza, pero unha vez explicada aos empresarios convocados na reunión, entenden as novas medidas.

Á marxe desta polémica, dende Emgrobes critican con dureza a xestión que se fai do turismo na vila. Piden a contratación dun técnico que libere de responsabilidades ao alcalde e traballe directamente co sector.

Esta falta de comunicación, segundo sinalan, vese clara coa Festa do Mariscos xa que están ao tanto de que se celebrará pero descoñecen por completo como será a súa organización.

Por último tamén critican que estea pechada a oficina de turismo, un punto clave para informar aos visitantes. Consideran que esta situación é impropia dun concello recoñecido como de excelencia turística.