Xurxo Ferrón encabezará a lista de ‘Suma Ribeira’

RIBEIRA> O espectro político de cara as municipais de maio aumenta en Ribeira cun novo partido. Neste caso trátase de ‘Suma Ribeira’. A formación xa rexistrou candidatura, que estará encabezada polo farmacéutico Xurxo Ferrón. Acompáñano nos postos de saída Celia García e Leonor Estévez.

Tras anos vinculado a movementos sociais e colectivos veciñais, o farmacéutico Xurxo Ferrón decidiu dar o salto á política activa. Será o cabeza de lista da nova formación Suma Ribeira que concorre ós comicios municipais de maio. Este novo partido xurde como alternativa progresista tentando ocupar un espazo que, entenden, non existía en Ribeira ata o de agora.

Xunto a Ferrón compoñen esta candidatura, que cualifican de integradora e asamblearia, tres mulleres nos postos de saida: Celia García, Leonor Estévez e Mari Carmen Garcia. Severino Muñiz, Maria de los Ángeles Santos e Manuel González completan a parte alta desta lista que pretende acada representación e contar con algún concelleiro na corporación municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí