RIANXO> O festival, que chega este ano a súa décimo primeira edición, contará tamén coa actuación de Ezetaerre, Funkiwis e Skandalo Gz. Como vén acontecendo nos últimos anos, o festival ‘Rock in Rian’ non se limitará a actuación das bandas convidadas no Parque de Galicia. Arrancará xa as tres da tarde cun xantar popular, ó que lle seguirá, ás catro, un concerto de sobremesa a cargo do grupo local Hernia Eskrotal. As cinco, pasarrúas pola vila coa charanga Santa Compaña para rematar as sete e media cun concerto de Sondarúa. A partir das oito e media desenvolverase tamén un pasabares con diversos grupos tradicionais, para rematar as dez co canto da Rianxeira na praza Castelao. O festival en si dará comezo no parque de Galicia a partir das dez e media con catro grupos convidados: Boikot, Ezetaerre, Funkiwis e Skandalo Gz. Ó seu remate un DJ prolongará a festa ata altas horas da madrugada. A organización do festival decidiu este ano crear un punto informativo e unha rede de voluntarios contra a violencia sexista, para tratar de previr este tipo de comportamentos e prestar apoio e protección as posibles vítimas. Tamén piden a implicación de todos na recollida do lixo que poida xerarse durante os concertos.