A EDAR de Ribadumia funcionará plenamente nun mes

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/edar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/23/EDAR_RIBADUMIA_231013.mp4{/flowplayer} RIBADUMIA> A nova estación depuradora de Ribadumia entrará en pleno funcionamento no prazo aproximado dun mes, tempo no que se estima que se rematarán cos leves problemas de ruídos e cheiros iniciais. Así o afirmaron o Subdelegado da Xunta en Pontevedra e os rexedores de Ribadumia e Cambados na visita as instalacións desta mércores. A EDAR de Ribadumia funcionará a pleno rendemento no prazo dun mes, logo de levar en fase de probas desde finais de setembro. Esta novo infraestructura suporá un gran avance no saneamento dos Concellos de Cambados e Ribadumia, aínda que tamén poderá dar servicio a Vilanova, Vilagarcía, Meis, e ós polígonos industriais de Baión e Tremoedo, en Vilanova, ó cambadés de Sete Pías e o ribadumiense do Salnés. Prevese que nun mes esta EDAR poida estar abastecida por luz eléctrica para que poida prescindir do xerador de gasoil do que se vale actualmente e que está a causar ruído ós veciños. Amais, neste tempo avanzará a depuración biolóxica ata o punto de non deixar case cheiros, tal e como demandan os veciños da zona. Esta obra supuxo unha inversión de oito millóns de euros a cargo do Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015. Na práctica virá a supoñer un alivio á depuradora de Tragove e achegarase ó completo saneamento dos Concellos de Ribadumia e Cambados, Concello este último onde se está a licitar tamén o saneamento do Saco de Fefiñáns por 1.2 millóns de euros. Desde os gobernos autonómico e locais agradeceuse a colaboración e paciencia da veciñanza ante esta gran actuación que virá a supoñer unha importante mellora para a calidade de vida da veciñanza, por medio da recuperación medioambiental.