Rías Baixas conquista ‘Vinum’

PONTEVEDRA> A Denominación de Orixe Rías Baixas terá o seu espazo na prestixiosa revista Vinum. O xornalista alemán André Dominé, especializado no mundo vitivinícola, atópase na zona para visitar as diferentes subzonas e elaborar unha ampla reportaxe sobre a Denominación de Orixe. A súa viaxe arrancou esta mañá, cunha cata de 25 marcas do selo de calidade.

 

Cunha cata de 25 marcas arrincou a estancia de André Dominé na Denominación de Orixe Rías Baixas. O prestixioso xornalista alemán prepara unha ampla reportaxe para a revista Vinum, para recoller o que está a acontecer ao redor deste selo de calidade.

Dende a súa última visita en 1999, Dominé destaca a aposta polos viños de garda que están facendo moitas adegas. Algo que enriquece a oferta da Denominación de Orixe.

O xornalista destacou as características dos Rías Baixas. Uns viños que describiu como frescos e vigorosos, que se adaptan ao ritmo de vida dos consumidores.

A cata foi o comezo da súa visita. Durante tres días percorrerá as diferentes subzonas de Rías Baixas, na procura de vivencias que lle permitan encher as 8 páxinas da revista Vinum, Mi Vino na súa versión española, unha das principais publicacións enolóxicas do mundo.

A intención de André Dominé vai máis aló das referencias ás elaboracións das adegas desta Denominación de Orixe. A súa intención é combinalas con propostas enograstronómicas, que cumpran a función de breve guía para os interesados nestes viños e no entorno no que se elaboran.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/cata_xornalista_aleman.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/cata_xornalista_aleman.mp4{/flowplayer}