Rescatan o cadáver do mergullador desaparecido en Carril

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/buzo_carril_falecido.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/buzo_carril_falecido.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Rescatado o corpo sen vida do buzo desaparecido onte no peirao de Carril. Gonzalo Serantes, veciño de Vilanova de Arousa, mergullárase para recuperar un rizón, pero por causas que se descoñecen non conseguiu saír á superficie. A voz de alarma deuna o seu acompañante, aínda que tardou ao redor de dúas horas en avisar aos servizos de emerxencias. A Garda Civil investiga agora as circunstancias que rodearon este tráxico suceso.

Ao redor das 12 do mediodía o operativo de búsqueda rescataba o cadáver de Gonzalo Serantes, o mergullador de Vilanova que onte desaparecía no peirao de Carril. Dous mergulladores da Garda Civil localizaron o corpo moi preto de onde desaparecera.

O vilanovés desaparecera onte pola tarde. A voz de alarma deuna o home que estaba con el no momento da desaparición, aínda que tardou ao redor de dúas horas en avisar aos servizos de emerxencias. Eran xa as 9 da noite cando comezaron os traballos de busca, algo que complicou a tarefa.

A Garda Civil tratará agora de esclarecer os motivos polos que Gonzalo Serantes non puido volver á superficie. 

No operativo de busca participaron Salvamento Marítimo, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e os servizos de Protección Civil. Da instrución do caso encárgase agora o Xulgado Número 2 de Vilagarcía.