PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra retoma o anhelado complexo deportivo da Parda. O goberno local pon en marcha o proceso administrativo para facer realidade o proxecto. Aínda que se data para a súa construción, contémplase a construción de dous pavillóns para adestramentos e competicións deportivas. Trátase dun investimento importante, que superará os 14,5 millóns de euros.
Pontevedra retoma o proxecto para construír un complexo deportivo no barrio da Parda. O goberno local iniciou hoxe o proceso administrativo da que será a instalación máis grande feita nunca na cidade polo polo concello.
Segundo os cálculos iniciais, o proxecto terá un custo duns 14,5 millóns de euros. Contempla a construción dun pavillón multideportivo cuns 1.500 metros cadrados de pista e capacidade para preto de 2.000 espectadores.
Terá anexas outras instalacións para a práctica de ximnasia, cuns 1.400 metros. O complexo completarase cun rochódromo.
O primeiro paso agora é rematar o anteproxecto. Unha vez realizado, o concello convocará un concurso público. O concello abre a porta a que a empresa que se encargue da xestión das instalacións habilite unha zona de finess e musculación ou outras instalacións. Non así novas piscinas.
O terreo ten preto de catro hectáreas, situadas entre os xulgados da Parda e as vías do tren. Ademais das instalacións deportivas, o complexo completarase cuns 7.000 metros cadrados de zonas verdes, un parque infantil e aparcadoiro.