Luz verde ao plan económico e financeiro de Pontevedra entre críticas da oposición

PONTEVEDRA> Luz verde ó plan económico e financeiro de Pontevedra, entre críticas da oposición. Saíu adiante cos votos a favor dos grupos de goberno, BNG e PSdeG, nun pleno marcado de novo polo coronavirus. De feito, houbo varios concelleiros que participaron de xeito telemático.

O documento do plan económico e financeiro aprobado hoxe tivo que ser elaborado despois de que o Concello incumprise a regra de gasto.

Un extremo que os grupos da oposición aproveitaron para critica-la xestión económica do bipartito.

Especialmente duras foron as críticas do PP.  O seu voceiro entende que o executivo local non está a face-las cousas ben e que esta situación vai acabar provocando un incremento da presión fiscal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí