O cerco mira cara a anchoa ante a escasa cota para pescar xarda

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/balance_campana_xarda_1104161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/balance_campana_xarda_110416.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> A escaseza de cota de xarda con que conta o cerco galego fai que se estean a sobreexplotar outros recursos como a anchoa. Dende ACERGA, xa teñen presentado unha denuncia ante o Tribunal Europeo contra o principio de estabilidade relativa co fin de conseguir un maior reparto de cotas para a flota galega. O balance da campaña da xarda é, para ACERGA, a crónica dun fracaso anunciado. A escaseza de cota unida ós temporais das últimas semanas mantén a boa parte da flota amarrada no litoral sur. Na zona cantábrica, o tempo permite faenar aínda que as escasas posibilidades de pescar recurso condicionan a campaña. As cousas están peor para artes varias que víronse obrigados a finalizar a campaña tan só dúas semanas despois da súa apertura, permitindo unicamente as capturas accidentais. Co fin de acabar coa desigualdade á que está sometida a flota, ACERGA recorreu ante o Tribunal Europeo o actual reparto de cotas que, segundo o seu presidente, non ten máis obxectivo que acabar coa flota galega.