En liberdade os seis detidos no operativo do Vao

PONTEVEDRA> En liberdade os seis detidos na redada antidroga do Vao. Os seis, que están investigados por un delito contra a saúde pública por un presunto trapicheo de drogas, acolléronse ao seu dereito a non declarar. 

 

Tras pasar a noite na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sobre as 9 desta mañá chegaban aos xulgados de A Parda os seis detidos no marco do operativo que a Garda Civil realizaba na madrugada do luns no poboado do Vao de Arriba. Despois de dous rexistros interveuse 54 dose de cocaína segundo datos da Garda Civil, útiles para a preparación de droga, máis de 500 euros, xoias, equipos de televisión, armas brancas (entre os que había machetes de grandes dimensións) e tres armas de fogo. Porén ás portas dos xulgados, onde se concentraron varias decenas de familiares, estes mesmos defendíanos dicindo que a droga que atoparan non era na cantidade que se mencionaba, que non entendían a incautación de televisores ou mesmo unha guitarra eléctrica, que as xoias eran compradas nun bazar asiático e que as escopetas atopadas eran de balíns e dos nenos. En dependencias xudiciais, os seis detidos, que están investigados por un delito contra a saúde pública por trapicheo de drogas acolléronse ao seu dereito a non declarar e pouco despois o xuíz decretou a súa posta en liberdade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/declaracion_vao_parda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/12/declaracion_vao_parda.mp4{/flowplayer}