Poio axusta o seu goberno trala marcha de Díaz

POIO> Onte dábamoslles conta da marcha da concelleira de Cultura de Poio. Silvia Díaz deixa o BNG e o goberno municipal, aínda que continuará na corporación como edil non adscrita. Hoxe falamos co alcalde, Luciano Sobral, que esta mañá asinou os decretos que reorganizan o seu equipo de goberno. Sobral respecta a decisión de Díaz, aínda que lle pediu que entregue a súa acta.

O alcalde de Poio asinaba esta mañá os decretos que fan oficiais os cambios no seu goberno trala marcha de Silvia Díaz. Lidia Salgueiro encargarase de Cultura. Marga Caldas, asumirá a de educación. No pleno do martes informarán ao resto da corporación das novidades, nunha sesión na que Díaz estará presente como edil non adscrita.

Sobral confesa que non lle gustou a actitude de Díaz, aínda que respecta a súa decisión. Así as cousas, a súa marcha non afecta á maioría do bipartito na corporación.

O que non gustou foi que a exedil de Cultura non entregara a súa acta e optara por seguir na corporación como concelleira non adscrita. 

Ademais das concellerías, no pleno do martes tamén se dará conta nos cambios nas comisións, nas que o BNG perderá un representante.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/luciano_dimision_silvia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/22/luciano_dimision_silvia.mp4{/flowplayer}