Stop Desafiuzamentos e o IGVS buscan solución ós titulares de vivendas sociais

    RIBEIRA> O voceiro da Plataforma Stop Desafiuzamentos mantivo un encontro do director xeral do Instituto de Vivenda e Solo para abordar a situación que atravesan algúns propietarios das vivendas sociais de Ribeira. Concretamente, trátase dunha familia que leva meses sen aboar a cota do alugueiro debido á súa difícil situación económica polo que a Xunta xa lles remitiu varias notificacións. Dende a plataforma, consideran que non se debería iniciar ningún procedemento de desafiuzamento. P ola contra, propoñen unha rebaixa na cota actual do aluguer na próxima revisión do contrato. Solicitan que, en ningún caso, supere os setenta e cinco euros. O responsable autonómico comprometeuse a poñerse en contacto cos afectados para a súa inserción no programa de Bono Alugueiro.