A Deputación de Pontevedra potenciará en Fitur o Camiño portugués pola costa

Pontevedra> Todo listo para a presenza da nosa provincia en Fitur. Esta mañá dende a Deputación quixeron presentar cal será a liña de promoción deste ano que se centra no camiño portugués pola costa pontevedresa. Un camiño que percorre 15 concello da provincia e que segundo a presidenta precisa dun impulso para converterse nun destino clave de Pontevedra. 

 

Mañá comeza Fitur en Madrid, unha feira onde todo deben estar a punto para facer do seu destino un espazo singular e especial. Pois ben, o xoves será a quenda de promoción da Deputación de Pontevedra. Este ano o eixo central estará centrado no camiño portugués poloa costa, un camiño que percorre 15 concellos da nosa provincia que terán moita presenza nesta feira. 

Un camiño especial, único que une a terra co mar e que moitas veces é descoñecido para todos os que nos visitan. Unha experiencia que agora potencian dende a deputación. 

Un camiño que pasa por 15 concellos, entre os que se atopa o de Pontevedra… 

O concello de Barro. 

E tamén o concello de Caldas de Reis entre outros.

Esta presentación en Fitur terá lugar o xoves as 12 da mañá e contará contará con 2 vídeos promocionais e con banda sonora composta en exclusiva por Teo Cardalda para ocasión. Un artista que creou este tema que leva como título Un Lugar en el mundo e que hoxe puidemos coñecer en exclusiva nesta presentación. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/fitur_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/17/fitur.mp4{/flowplayer}