O punto SmartPeme da Deputación en Barro dispara a súa actividade

BARRO> O proxecto SmartPeme que se desenvolve no viveiro de empresas do polígino de Barro resistiu e mesmo se intensificou coa pandemia. A iniciativa mantívose activa en todo momento, adaptando os seus contidos ao formato virtual. O programa permitiu a case 150 pemes formarse en ciberseguridade, servizos na nube e aplicacións de vangarda para o ámbito empresarial.

A oficina de SmartPeme en Barro leva dous anos de intensa actividade. Despois de ter superado tódolos rexistros en 2020, o servizo de acompañamento tecnolóxico empresarial da Deputación, arrancou 2021 excedendo xa as cifras do ano pasado. Iso si, o programa tivo que adaptarse á nova realidade, ofrecendo agora a súa formación en formato virtual.

Esa é a idea se a situación sanitaria o permite. Esta mañá a deputada provincial mantivo unha reunión cos responsables da  SmartPeme para coñece-las súas necesidades máis inmediatas. Salientou  o crecemento constante tanto na asistencia aos obradoiros como ás sesións de asesoramento individual.

Unha formacións constante, que chegou xa a case 150 pemes procedentes de toda a provincia, cun obxectivo claro.

A pandemia multiplicou a asistencia aos obradoiros de formación no punto SmartPeme de Barro. Durante o ano 2020, rexistrou a asistencia de 527 persoas (un 65% máis) aos 40 obradoiros celebrados. O ano 2021 botou andar xa con 371 persoas participantes a data de hoxe, o que anticipa un forte incremento no balanzo anual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí