Os alumnos do Xunqueira-1 plantan camelias no xardín do centro

PONTEVEDRA> O Colexio A Xunqueira 1 de Pontevedra recibíu esta mañá a visita da deputada provincial delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

Eva Vilaverde entregou ao centro de ensino unha colección de diversas camelias como agradecemento a súa participación no concurso organizado pola Deputación. As camelias foron plantadas polos propios rapaces con axuda da deputada e a directora do centro e con elas preténdese que coñezan máis de cerca as súas distintas variedades e as características dunha árbore que é símbolo da provincia.