O aumento do cibermachismo entre a mocidade alerta ás autoridades

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/mobil.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/acoso_novas_tecnoloxias.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> A xuventude das Rías Baixas cre que o machismo vai a menos nas novas xeracións. Con todo, recoñecen só parcialmente que as novas tecnoloxías de comunicación son vieiro de insultos e represión machistas entre os moitos mozos e mozas; amais de canles de comunicación pouco seguras. O sesenta por cento das rapazas ten recibido insultos machistas de parellas ou amigos no móbil a través das novas aplicacións e plataformas de comunicación on line. Este é o titular que deixou o último estudio sobre violencia de xénero que ven de publicar a Delegación do Goberno. Segundo estas estatísticas, seis de cada dez rapazas terían recibido algunha vez insultos ou comentarios machistas no seu smartphone ou ordenador. A pesares destas opinións, estes rapaces e rapazas das Rías Baixas cren que o machismo remite nas novas xeracións; aínda que todos recoñecen saber de alguén do seu entorno á que ó mozo non lle deixa saír con determinadas persoas ou vestida de certa maneira. Neste caso, as fotos publicadas en plataformas como o Facebook, Istagram ou Tuenti son as que aportan a información sobre as actividades das rapazas, que logo, determinados noivos, critican ou censuran. Uns ciumes que, no canto de ser interpretados como unha limitación da liberdade persoal e unha antesala de posibles malos tratos psicolóxicos, moitas mozas entenden como unha mostra de amor. E é que, segundo a antedita estatística, un de cada catro menor de idade ten colgado algunha foto en Internet que os seus pais non aprobarían. A xente moza enquisada acreditaba esta realidade. E é que a xuventude é consciente de que Internet é un escaparate perigoso e case sen límites para subir fotos. Todos senten algo de desprotección con estas novas redes sociais aínda que aseguran que o nivel de protección depende da actitude persoal de cada quen nestas plataformas, como acontece na rúa.