O colexio San Fermín percorre “Kms solidarios”

    CALDAS> O colexio San Fermín-Padres Somascos de Caldas celebrou hoxe a súa primeira carreira solidaria “Km solidarios”, na que uns cincocentos rapaces e rapazas participaron con un único fin… axudar a outros nenos e nenas.

     

    Preparadossss, listossss…XAAAA!!! Ese é o pistoletazo de saída de esta I Carreira “Kms Solidarios”, que organizou o colexio San Fermín de Caldas, e na que participaron uns cincocentos rapaces de tódalas idades. Unha iniciativa que xurdiu da dirección do centro.

    A organización preparou na carballeira de Caldas diferentes circuítos segundo as idades dos rapaces. 

    Unha carreira na que tamén xurdiu algún que outro imprevisto… típico do directo…e na que tampouco faltaron os adiantamentos…

    Cada un destes solidarios corredores aportou a vontade para participar nunha carreira solidaria ca que a organización espera poder facer unha doazón a ONG “Save the Children” que alcance os 1.500 euros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/carreira_solidaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/carreira_solidaria.mp4{/flowplayer}