VILAGARCÍA> O voceiro do Partido Popular en asuntos pesqueiros, José Manuel Balseiro, estivo hoxe en Vilagarcía, para explicar a proposta dun programa sobre o sector conserveiro, exposta no Parlamento de Galicia polo Grupo Popular.
Esta mañá o voceiro do PP en Vilagarcía, Tomás Fole, recibía na sede do partido, na vila, ao portavoz no Parlamento de Galicia para asuntos pesqueiros, José Manuel Balseiro.
Unha visita na que Balseiro anunciou que o seu partido instara a Xunta de Galicia a impulsar un Plan Estratéxico para o sector conserveiro.
Esta iniciativa atopouse coa oposición do resto frontal do resto de grupos políticos.
Os populares avogan por incrementar o valor das conservas mediante o I+D, mentres se fomentan políticas de contratación, contratos indefinidos e a mellora da conciliación familiar.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/voceiro_mar_pp_villa _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/voceiro_mar_pp_villa.mp4{/flowplayer}