Medio Rural proclamou os vogais do sector transformador de Rías Baixas

    PONTEVEDRA > Agora haberá que agardar á semana do 16 ó de xullo para coñecer quen será o novo presidente do Consello Regulador.

    A sede provincial da Consellería do medio Rural en Pontevedra, foi esa mañá o esceario no que se proclamaron ós nove vogais electos como representantes do sector transformador do sector vitivinícola da Denominación de Orixe Rías Baixas. Estes vogais, elixidos mediante sufraxio o pasado domingo pasan a formar parte dende hoxe mesmo do Consello Regulador que constituirá o seu novo Pleno dentro de dúas semanas.

    proclamacioncandidatosriasbaixas200_030707.jpgA Proclamación do resto dos membros do pleno xa fora efectuada logo dos acordos acadados no censo dos viticultores polo sindicatos agrarios e no censo das cooperativas agrarias. Será logo da celebración dese pleno, entre os días 16 e 20 de xuño, cando se coñeza quen será o novo presidente do Consello, para os vindeiros catro anos.

    Festa do Albariño

    Unha revista británica de turismo considera á Festa do Albariño como a máis importante de España. Living Spain, a publicación turística máis vendida no Reino Unido, dedica este mes a súa reportaxe central á cita cambadesa e explica con todo detalle en que consiste a festa e cales son os atractivos principais da vila.

    revistabritanivaporfestaalbarino200_040707.jpgA revista británica Living Spain, centrada na promoción do turismo español no Reino Unido, dedícalle este mes a súa reportaxe central á Festa do Albariño. En 4 páxinas, o xornalista Adrian McManus explica con todo luxo de detalles en qué consiste a festa cambadesa por excelencia e cales son os atractivos principais da nosa vila. O redactor inglés cualifica esta celebración como a festa máis importante do viño en España e destácaa como unha cita hedonística e unha explosión de cor que se manifesta a través das peñas albariñenses.

    Multitudinaria

    Ademais da multitude superior ás 200.000 persoas que reúne cada verán este evento, o autor da reportaxe explica en que consiste a proclamación de donas e cabaleiros do Capítulo Serenísimo, así como o desfile de presidentes, literatos e artistas polas rúas cambadesas. A revista dálle moita importancia ó aspecto culinario, e refírese a algunhas das antigas tabernas típicas, cualificándoas de institucións en Cambados.

    O redactor sinala estas tabernas como un lugar de visita obrigada para ós turistas ingleses que se acheguen á Vila do Albariño. Tamén fai referencia ó conxunto histórico cambadés e describe varias rotas. Para elaborar esta reportaxe, Adrian McManus contou coa colaboración do responsable dos Servizos Turísticos do Concello, Mané Galiñanes e o Concello facilitoulle fotografías.

    Redacción Salnés