Meis tamén reivindica o uso do galego nos cemiterios

MEIS> O cemiterio de San Martiño de Meis acolle este sábado un acto centrado no uso do galego nos camposantos. Trátase dun estudo elaborado por Ana Belén Vázquez que, desta volta, céntrase no uso do noso idioma nos distintos cementerios deste municipio.

Hai uns meses xa presentou un traballo centrado nesta materia sobre os de Ribadumia, de onde ela é natural.

O acto terá lugar ás 7 e media da tarde. Aproveitarase para descubrir unha placa conmemorativa. A continuación, xa no local social de San Martiño de Meis, inaugurarase a exposición ‘Palabra e memoria’.

Unha mostra onde se recollen datos e imaxes deste estudo. O 17 de maio esta exposición trasladarase á Finca de Parga onde terá lugar a romaría que organiza o concello polas Letras Galegas.