O persoal do Hospital do Salnés intégrase no Sergas

    hospitalsalnes_100_210208.jpgVILAGARCÍA > O 100 por cento do persoal activo que traballa no Hospital do Salnés se acolleu á oferta de estaturización e, …

    … dende antonte, día 27 de febreiro, pasaron a integrarse como persoal do Servicio Galego de Saúde. En total son 219 persoas, das que 67 son médicos, 49 enfermeiros e o resto persoal adscrito a outros departamentos do centro sanitario. Á súa vez, o Hospital do Salnés ten 40 prazas máis ocupadas por persoal interino que se converterá en persoal interino estatutario, completando así a totalidade da plantilla, composta por 259 persoas.

    Todos eles recibirán a vindeira semana a resolución individualizada das súas solicitudes por parte da Consellería de Sanidade, aínda que todos cobraron xa a súa nómina deste mes adaptada á nova situación laboral. Hai que recordar que o propio decreto establecía que os dereitos como persoal estatutario destes traballadores se aplicarían con retroactiactividade dende o 1 de xullo de 2007, polo que nos vindeiros meses se regularizarán os atrasos correspondentes dende esta data. A resolución dos expedientes inclúe o recoñecemento da antigüedade, das funcións que levan a cabo os traballadores, da categoría profesional e a homologación estatutaría en cada unha das especialidades.

    A estaturización é o paso previo no proceso para erradicar a figura da fundación pública sanitaria que era a que xestionaba o Hospital do Salnés, que agora pasará a formar parte directamente do Servicio Galego de Saúde, un proceso que a consellería de Sanidade espera ter rematado a vindeira primavera. Esto suporá unha importante mellora para estes traballadores e, en consecuencia, para os usuarios dos servizos sanitarios.

    Redacción Salnés