![]()
VILAGARCÍA> Axudar aos máis desfavorecidos e a defensa dos Dereitos Humanos, eses son os dous cometidos primordiais de Cáritas Interparroquial de Arousa… que esta mañá presentou a súa memoria do 2015, que da conta que aínda queda moito camiño por percorrer…
Durante o ano 2015 Cáritas Interparroquial de Arousa atendeu a casi 600 persoas e o total de beneficiarios superou esa cifra. As intervencións de orientación e acollida foron 1.900, e as intervencións de alimentación alcanzaron as 19.000… unhas cifras que non melloran con respecto a 2014.
Na ONG preocupa, é moito, o aumento dos gastos farmacéuticos, chegando a triplicar as intervencións de 2014.
Esta mañá na presentación desta memoria, Francisco Fernández admitiu que o 80% das persoas que axudan son españolas, e que se atopan nun intervalo de idade comprendido entre os 34 e os 39 anos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/caritas_villa _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/caritas_villa.mp4{/flowplayer}






