Innove Eventos asumirá a xerencia de Arousa Norte

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/03/pleno_arousa_norte0305161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/03/pleno_arousa_norte030516.mp4{/flowplayer} BARBANZA> A nova foi comunicada no transcurso do pleno da entidade celebrado esta mañá no que se fixo tamén balance da actual xerencia. Un dos puntos de maior importancia dos abordados no pleno desta mañá era o relativo á resolución do proceso de adxudicación do contrato da nova xerencia da mancomunidade. Despois de estudar a valoración realizada polos técnicos de entre tódalas ofertas presentadas, acordouse que a empresa Innove Eventos asumise as rendas de Arousa Norte por un período dun ano, prorrogable a nove meses máis. A sesión serviu ademais de despedida da actual xerencia, Promove Consultoría, que veu desempeñando o servizo nos últimos anos. Dende Arousa Norte valorouse moi positivamente o traballo desenvolvido por todo o persoal desta firma nestes anos, especialmente por Irene Maneiro e Fátima Rodríguez.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí