Pontenadal, artesanía feita con agarimo para agasallar

PONTEVEDRA> Para os que aínda andas ás voltas coas compras de Nadal, na praza do Teucro está a pleno rendemento a  tradicional feira de artesanía. Pontenadal é un bo lugar para atopar agasallos diferentes elaborados con moita arte e cariño.

En Pontenadal, máis de 30 expositores ofrecen  artigos de coiro, madeira cerámica, téxtil… Todo feito coas mans e,sobre todo, con moito agarimo.

Nas Nadaladas do Teucro, os artesáns repiten cita dende hai anos, e para pontevedreses e visitantes este mercado é parada obrigada durante festas. Achéganse á carpa instalada por Zona Monumental para buscar agasallos diferentes.

Ademais de tendas do comercio local, asociacións coma Alba ou Amencer poñen a venda o traballo de todo o ano.

Pontenadal permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro na Praza do Teucro de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21:30 polas tardes. Só pecha mañá, día 25, e o 1 de xaneiro.