NOIA> No congreso, incluído nos actos do 850 aniversario da fundación da vila, daranse cita as máis destacadas figuras en investigación criminal de diversos ámbitos. Terá lugar do 19 ó 21 de outubro. O concello noiés acollía esta mañá o acto de presentación do primeiro Congreso Internacional de Criminalística Aplicada. A actividade, a celebrar do 19 ó 21 de outubro, reunirá ás máis destacadas figuras en investigación criminal de diversos ámbitos. A iniciativa está incluída dentro dos actos do 850 aniversario da vila. O alcalde noiés agradeceu o xesto da organización deste Congreso de ter reparado en Noia para poder celebralo, xa que supón unha excelente oportunidade para dar a coñecer o municipio. O Congreso que se desenvolverá tanto no Coliseo Noela coma na Sociedade Liceo de Noia, entidade que colabora tamén no desenvolvemento desta iniciativa, iniciarase o venres co acto de apertura oficial e a entrega de Medallas ao Mérito Profesional e Académico. Entre as persoas e entidades galardoadas atópase a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASPOH), ademais de integrantes dos corpos e forzas de seguridade e da xudicatura ou académicos, todos eles con perfís profesionais sobresaíntes.