VILAGARCÍA> Carril mantense no “non” ao plan de xestión de rañeiros nas zonas de libre marisqueo. O Patrón Maior da entidade carrilexa asegura que os responsables de esta situación son a conselleira do Mar e por ende o presidente da Xunta de Galicia, ambos por aprobar a xestión da Asociación de Rañeiros das zonas de libre marisqueo, para Villanueva a ría é demasiado grande para que exista un único xestor da mesma.
A Confraría de Carril posicionase en contra da xestión do libre marisqueo mediante a Asociación de Rañeiros. Unha oposición que José Luis Villanueva, Patrón Maior de Carril xustifica, entre outros aspectos no custe de xestionar a ría.
En todo caso, a xestión dos bancos marisqueiros está nestes momentos en mans da Asociación de Rañeiros. Por tanto Carril ten a posibilidade de unirse ás condicións que figuran no plan do colectivo, tanto aquelas de índole económica como aquelas fundamentalmente prácticas. De feito é a única forma para poder mariscar legalmente e amparado pola norma nestas zonas de Cabío, dos Lombos e ou Bohído. A Asociación de Rañeiros solicitou unha reunión coa conselleira para tratar o asunto de aqueles pósitos que non queren unirse ao seu plan de xestión, pese a estar avalado pola administración autonómica. Polo de agora non hai data nin hora o encontro.
Inicio crb