A cultura tomará Ribeira durante o mes de maio

    RIBEIRA> O espectáculo de Limiar Teatro sobre Don Quixote dará o pistoletazo de saída este venres ó Maio Cultural de Ribeira. O programa, deseñado polas concellerías de Educación e Cultura, componse de infinidade de actividades relacionadas coa literatura que tentarán achegar ó público a figura de Manuel María, homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A música formará tamén unha parte importante do programa cos concertos de Cris Román e Manolo Couto. Tódolos sábados pola mañá desenvolveranse sesións de contacontos na biblioteca municipal A mostra de teatro infantil, entre o 24 e 0 27 de maio, pechará o maio cultural deste ano. A programación detallada xa está dispoñible na web do concello ou nos máis de tres mil dípticos que se repartirán polos centros educativos e establecementos do municipio.