A comunidade educativa sae á rúa en contra das reválidas da LOMCE

    BOIRO> Rotunda resposta da comunidade educativa á reválida de sexto de primaria iniciada este mércores en Galicia. As anpas do Barbanza saíron á rúa nunha multitudinaria concentración desenvolvida en Boiro. Mentres tanto, boa parte dos alumnos dos colexios públicos da comarca non asistiron ás clases para evitar a realización da proba. Baixo o lema ‘Nin un paso atrás, non á LOMCE’, as ANPAS de varios centros públicos do Barbanza concentráronse esta mañá en Boiro. O motivo da manifestación era amosar publicamente á reválida á que, entre hoxe e o mércores, deberán someterse os alumnos de sexto de primaria. Inserto patricia Os pais consideran que estas probas non aportan valor académico nin pedagóxico e, pola contra, poden ter consecuencias moi negativas para os alumnos. A mobilización non é a única medida de presión. Moitos pais optaron por non levar ós nenos a clase evitando así que deban someterse ós exames.Segundo as estimacións da Xunta seis de cada dez rapaces non acudiron á escola. Haberá que agardar a ver se o elevado índice de abstención, fai recapacitar á administración sobre o futuro desta probas que non só se plantexan en sexto de primaria. O pasado ano implantábase a reválida de terceiro de primaria para nenos de entre oito e nove anos. A LOMCE plantexa ademais outras dúas avaliacións externas: na ESO e Bacharelato.