O PP presenta un plan estratéxico para a conserva

    RIBEIRA> A proposta nace co obxectivo de consolidar a posición de liderado que Galicia ten neste sector. Levar a cabo medidas que incrementen o valor engadido da produción, consolidar as estruturas empresariais existentes, implantar innovacións tecnolóxicas e novos modelos de I+D+i, garantir a calidade no emprego ou recoñecer o papel da muller neste eido produtivo son algunhas das liñas mestras deste plan estratéxico da conserva presentado polos populares en Ribeira. A escolla da comarca non foi o chou, ó ser o Barbanza unha das zonas onde maior peso e relevancia ten este sector, que dende o PP pretenden seguir apoiando, de cara a consolidación da actual posición de liderado que ten Galicia. Dende o PP agardan a que a iniciativa obteña o respaldo do resto de grupos políticos con representación no Parlamento xa que se trata dunha proposta fundamental para o noso tecido produtivo.