O conselleiro de Sanidade anuncia a creación dun hopital de día-oncolóxico no Barbanza

RIBEIRA> En Ribeira, Gómez Caamaño destacou o forte compromiso da Xunta cos hospitais comarcais, ó ser, segundo el, un pilar básico do que é a asistencia sanitaria, vertebrando a saúde pública galega e que a poboación poida acceder a unha medicina altamente especializada.

A visita realizada ó hospital da Barbanza, na que o titular de Sanidade  estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e polos xerentes do Servizo Galego de Saúde e da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, José Ramón Parada e Ángel Facio, respectivamente, serviu para facer balance dos múltiples investimentos realizados ata a data neste centro hospitalario que permitiron a renovación da climatización, o heliporto, ou a ampliación das áreas de urxencias  e os espazos de consultas, entre outras.

Tamén anunciou, de cara ó vindeiro ano, da creación do novo hospital de día-oncolóxico. Para el unha prioridade.

Segundo el, dende a Xunta traballan tamén nunha nova unidade de críticos e se avaliará a posibilidade de dispor dunha ambulancia de soporte vital avanzado.

–inserto