200 ciclistas participarán no I Trofeo Portus Apostoli de Noia

NOIA> Douscentos ciclistas daranse cita no I Trofeo Portus Apostoli que se celebrará en Noia o 12 de xuño. Esta proba forma parte da Copa Galicia de Estrada promovida pola Federación Galega de Ciclismo.

Os afeccionados ó ciclismo teñen unha cita en Noia o domingo día 12, cando se celebra o I Trofeo Portus Apostoli, unha cita que reunirá  a máis de 200 deportistas.

Os corredores sairán ás dez e media da alameda de Noia para realizar un percorrido que inclúe tamén ós concellos de Lousame e Rois no que destacan a suba á Fialla e o alto de Vilacoba.

O evento será retransmitido por streaming. instalarase unha pantalla xigante na alameda, punto de saída e meta, para que tódolos afeciconados poidan seguir a proba.

Dende o Noela Master Team quixeron agredecer a colaboración do concello e dos numerosos patrocinadores que apoian esta cita deportiva. Entre eles, Autos Patiño, Berberecho de Noia, casfer Cerramientos, a marca de moda Klout, Gadis e a Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21/22.