RIANXO> O executivo rianxeiro confía en poder aprobar xa este mes os presupostos municipais que ascenden a 7’4 millóns de euros. Despois dunha primeira xuntanza ca oposición, que serviu para presentar o borrador orzamentario, o executivo rianxeiro traballa xa coa mente posta en poder acadar un principio de acordo co resto de grupos con representación municipal e poder levalo xa ó pleno de finais de mes para a súa aprobación inicial. A finalidade é chegar ó máximo consenso posible. Segundo sinalou o alcalde, os orzamentos, que ascenden este ano ós 7’4 millóns de euros, evidencian este ano unha certa melloría no estado económico das arcas municipais, despois de duros anos de contención do gasto. Por esta razón ó contrario que en anos anteriores haberá unha parte importante para investimento con actuacións propias. Destacan as obras de saneamento, melloras dos centros culturais de tódalas parroquias e tamén das unitarias, así como o aumento do orzamento para limpeza viaria e horas de atención a dependentes, entre outras.
Inicio Barbanza - Muros - Noia