![]()
VILAGARCÍA> Vilagarcía ten novo xefe da Comisaría Local, trátase do Inspector Xefe José Emilio Rodríguez Ramos. A toma de posesión foi presidida polo Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello.
Licenciado en Xeografía e Historia e en Ciencias Políticas, e con unha dilatada experiencia en importantes operacións policiais como a Operación Greco… ese é o perfil do novo xefe da Comisaría de Vilagarcía, José Emilio Rodríguez.
Importantes cargos policiais da provincia e da vila quixeron estar presentes na toma de posesión do novo membro da comisaría. Ademais tamén estiveron presentes a presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, o alcalde da vila, o Xefe Superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, e tamén o Subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, quen non desaproveitou a ocasión para recordar algunhas das operacións máis importantes nas que participou José Emilio Rodríguez.
A nova incorporación da Policía Nacional en Vilagarcía coñece de primeira man os problemas que está a sufrir a comisaría en canto ao déficit de persoal.
O xa inspector xefe de Vilagarcía, explicou aos medios, que traballou moito na zona en temas de narcotráfico pero que é un asunto distintos ao que se vai a dedicar a partir de agora, como comisario… máis centrado no pequeno tráfico, roubo en con forza no interior de vivendas e vehículos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/novo_comisario_policia_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/12/novo_comisario_policia_vilagarcia.mp4{/flowplayer}







