Satisfacción en Rianxo tralo acordo con Portos para a reordenación da dársena portuaria

RIANXO> A reordenación da dársena de Rianxo será en breve unha realidade, grazas ó consenso ó que chegaron representantes de todo o sector profesional que opera neste peirao nunha xuntanza con Portos de Galicia.

A proposta final presentada polo ente autonómico satisfixo a tódalas partes, o que permitirá dar resposta a unha vella demanda do sector, reordenando a dársena e ampliando as prazas de amarre para a toda a flota profesional, que se achega ós preto de 300 usuarios.

A actuación, cunha previsión de inicio cun horizonte máximo de dous anos, consistirá na creación de novas prazas de amarre para os barcos da terceira lista que se emprazarán ó pé da lonxa, construíndo ademais un novo pantalán para os barcos bateeiros.

Portos de Galicia leva investidos nos últimos anos preto dos tres millóns de euros en diferentes actuacións no peirao de Rianxo.

Ademais da reparación dos pantaláns ou a renovación da pavimentación en todo o espazo portuario, executou as obras de construción dos departamentos de usuarios, a carón da lonxa, cun investimento de dous millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí