Chamamento no Barbanza para participar na mobilización pola sanidade pública

RIBEIRA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza fai un chamamento a toda á cidadanía da comarca para asistir á mobilización convocada para o próximo domingo en Santiago. Reclaman un cambio no modelo sanitario, especialmente en atención primaria.

Este martes, a plataforma en Defensa da Sanidade Pública entregará no Parlamento as máis de 30 mil sinaturas recollidas para impulsar unha ILP por un cambio no modelo da atención primaria.

Ademais de impulsar esta iniciativa, a plataforma convocou unha mobilización en Compsotela para o próximo domingo día 12 que partirá a mediodía da Alameda para finalizar o percorrido no Obradoiro. Pretenden denunciar con esta marcha a precaria situación en toda a sanidade galega, nomeadamente na atención primaria ou en hospitais comarcais como o do Barbanza no que o servizo de Urxencias vén de sufrir unha drástica redución tal e como denuncian os seus profesionais.

A plataforma disporá autobuses gratuítos para acudir á manifestación. Sairán ás 10 da mañá dende Ribeira con paradas en varios puntos da comarca. É preciso inscribirse mandando un correo a plataformabarbanza@gmail.com indicando o nome e o número de persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí