En contra da instalación dun tanatorio

    POBRA> Un grupo de veciños da rúa Venecia recolleron preto das cincocentas sinaturas para impedir a instalación desta infraestrutura. Preto das 500 sinaturas. Un grupo de residentes na rúa Venecia entregaron tal cantidade de rúbricas no concello en contra da instalación dun tanatorio ó considerar que a zona non é a máis acaída para iso. O malestar dos veciños foi en aumento nada máis ter coñecemento de que unha empresa promotora xa entregou nas dependencias municipais a correspondente solicitude para abrir este servizo nunha antiga nave existente na zona, a carón do centro de día e da residencia. Dende o concello din entender ós veciños, máis sinalan que a intención da empresa pasa por abrir un velorio e nunca un tanatorio. aínda así apuntan a que pouco poden facer xa que no propio PXOM aparece recollida para a dita parcela un uso asistencial ou sanitario. Coa finalidade de abordar máis en profundidade este asunto, o equipo de goberno convocou para mñaá venres ás oito da tarde unha asemblea informativa no salón de plenos do concello, á que ademais dos veciños afectados, acudiran varios responsables da empresa promotora.