Os alcaldes socialistas denuncian un reparto ‘caciquil’ dos fondos da Xunta para os colexios

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/psoe_convenio_xunta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/25/psoe_convenio_xunta.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Os alcaldes socialistas, descontentos co reparto de fondos para as reformas nos centros educativos da provincia. Segundos os rexedores, o 5 de maio asinaron convenios coa Xunta de Galicia sen coñecer o seu contido. Agora denuncian que o reparto de fondos foi totalmente arbitrario e caciquil. A presidenta da Deputación xa anunciou que pedirá explicacións a Alberto Núñez Feijóo.

Os alcaldes socialistas están indignados polo reparto da Xunta das axudas para as obras nos centros educativos públicos. O pasado 5 de maio, sesenta concellos foron convocados para asinar convenios coa Consellería de Educación para acometer estas actuacións, e só o rexedor de Nigrán optou por non asinar o acordo amosando o seu descontento. Agora, todos denuncian que os fondos non cobren as súas necesidades.

No encontro desta mañá na sé do PSdeG en Pontevedra, os rexedores denunciaron que o reparto fora caciquil e arbitrario. 

Por iso agora piden a mediación da Deputación de Pontevedra. A súa presidenta asistiu esta mañá ao encontro dos rexedores, e comprometeuse a pedir explicacións á Xunta de Galicia.

Silva cualificou a situación de vergonzosamente dramática, e denunciou a política escurantista e arbitraria que rodeou a sinatura destes convenios.